Puntadas sen fío: Castelao, Antón Fraguas e eu

Castelao, Fraguas e Siro

En 1975 conmemorouse o vinte e cinco cabodano de Castelao con incontábeis publicacións e actos culturais en toda Galicia. Foi unha gran celebración colectiva, na que a contribución cidadá sería hoxe inimaxinable. En Ferrol houbo unha mesa redonda na que participamos Antonio Fraguas, Ramón Piñeiro e eu. Fraguas tiña 70 anos, pero aparentaba máis, porque quería aparentar máis; tamén … Ler mais

“Castelao na arte europea” premiado na Gala do Libro Galego

No ano 2015 anunciei a próxima edición do libro Castelao en el arte europeo, así, en castelán, en tradución do filólogo Alejandro Rodríguez Gómez, porque a Castelao haino que dar a coñecer fóra de Galicia. E editámolo, ou mellor, fixemos unha pequena edición para a campaña de presentación; pero a editoria crebou e a tirada … Ler mais

Praza do Humor de A Coruña

plaza del humor a coruna

No ano 1990 proxectei a Praza do Humor de A coruña, un recinto urbano que ven ser unha homenaxe aos grandes humoristas do mundo, desde Galicia e en galego. Ubicada na antiga Praza dos ovos, ante o mercado de San Agustín, a poucos metros da Praza de María Pita, consta dun piso de mármore branco, … Ler mais

Sobre Siro debuxante e pintor

Aos tres anos, ao ir á cama, sabía que en canto espertase, a miña nai me levaría unha cunca de malte con pan e despois lapis de cores e papeis para que os enchese de borróns e garabatos, mentres ela facía os labores da casa. Desde entón non deixei de debuxar. Aos dez, once, doce … Ler mais

Sobre Siro escritor

Escribo porque non sempre “unha imaxe vale por mil palabras” e a plástica non me permite expresar canto desexo. Pero cando fago narrativa escribo como debuxo: aforrando liñas e palabras. O humor é unha constante na miña obra, e non me sinto cómodo fóra dos seus límites. Non son satírico; prefero a comicidade e, moito … Ler mais