Puntadas sen fío: Puigdemont y la oca

Puigdemont e a oca

Puigdemont conseguiu ser aborrecido en España e se os analistas políticos ven nel un dirixente cínico e irresponsable, como persoa é considerado parvo ou tolo en infinitos chistes anónimos, de enxeño desigual, e non faltan opinións de psicólogos que o describen como fanático, sectario, ególatra e mesiánico. Que de parvo e tolo Puigdemont non ten … Ler mais

Puntadas sen fío: Tabarnia

Tabarnia por Siro

Como o meu subconsciente vai un paso diante de min, no mesmo intre en que oín por primeira vez a palabra Tabarnia chegoume á mente unha imaxe dos irmáns Marx, sorrindo de orella a orella. Despois, cando souben que Tabarnia é o proxecto dunha nova comunidade autónoma, formada por dez comarcas costeiras de Barcelona e … Ler mais

Puntadas sen fío: Os calzóns de Puigdemont

 Hai quince anos chegaba ás costas galegas o petroleiro Prestige, avariado e perdendo fuel, baixo o mando do capitán grego Apostolos Mangouras, un mariño experimentado e sabedor de que o barco máis estaba para o desguace que para novas singladuras, pero disposto a capitanealo unha vez máis, a última, porque –declarou- quería xubilarse e necesitaba … Ler mais

Puntadas sen fío: Humor e política

bob_pop_periodista

¡Acabáramos! Xa me parecía a min que na declaración da República Independente de Catalunya había algo raro. Aclarouno, por fin, a presidenta do Parlament no Tribunal Supremo ao explicar que a declaración de independencia foi simbólica e sen validez xurídica. Que era unha broma, vamos; una cuchufleta, un divertiment, un joc entre polítics. O que … Ler mais

Puntadas sen fío: Delincuentes e patriotas

delincuentes-e-patriotas

Din ben Alfonso Guerra e os que, coma el, recordaron estes días que os feixismos viñeron da man dos nacionalismos. Din ben, pero deben aclarar que foi “dos nacionalismos de Estado”, non dos nacionalismos das comunidades sen estado propio. O nazismo naceu do nacionalismo alemán, o feixismo do nacionalismo italiano, e o falanxismo do nacionalismo … Ler mais