Carta a los futuros lectores de “Castelao en el arte europeo” Carta aos futuros lectores de “Castelao en el arte europeo”

libro_castelao

Amigos, por fin terminé uno de los dos libros que llevé cuarenta años en la cabeza. Un libro sobre Castelao artista, pero con otro título para no coincidir con el de Luis Seoane. Un libro de dibujante a dibujante, a la altura del panel; mirando desde muy cerca, incluso desde la propia experiencia, su trabajo artístico. Se titula Castelao en el arte europeo, así, en castellano, en traducción del filólogo Alejandro Rodríguez Gómez, porque a Castelao hay que darlo a conocer fuera de Galicia. Sale con un prólogo de Valeriano Bozal y una presentación de María Victoria Carballo-Calero, editado por Duen De Bux, que son unos virgueros. Digo que son virgueros porque, además de editar muy bien, lo hacen a muy buen precio. El libro, con 224 páginas y 30 ilustraciones, tendrá un precio de 20 euros, pero en la pre venta cuesta 16. Ved la información en http://www.duendebux.com

Para mí Castelao fue un dibujante extraordinario, un maestro a quien estudiar, y lo estudié en todas y cada una de sus facetas: caricaturista, humorista gráfico e ilustrador, en el sentido más amplio del término. En este libro analizo su obra, viñeta a viñeta, imagen a imagen, cuando el caso lo requiere.

Por ejemplo, el Álbum Nós, los Álbumes de guerra, los Debuxos de negros, los Debuxos de cegos. Y digo lo que pienso, aunque mis conclusiones no sean compartidas por otros estudiosos. Considero que el elogio exagerado y la crítica injusta son igualmente negativos, y Castelao recibió unos y otras. Éste es un libro al margen de sectarismos y de beaterías, que nuestro artista no necesita, porque nada importa que algunos dibujos no me parezcan afortunados; Castelao es, con el conjunto de su obra bajo el brazo, uno de los grandes humoristas gráficos europeos; y,pese a la gravísima ceguera que padecía cuando elaboró los álbumes de guerra, uno de los mejores ilustradores de cualquiera confrontación bélica.

El libro es denso –ameno, pero denso-, ya dije que tiene muchas páginas porque para tratar del humor gráfico precisé teorizar, una vez más, sobre las formas del humor literario; pero como estamos en confianza, sugiero a los que me hagáis el honor de leerme, un extraño recorrido por sus páginas. Empezad por la parte que analiza la obra gráfica: Introducción, Diario 1921 y drama íntimo, y Capítulos IV a IX. Es la más original, la que aporta información desconocida y sorprendente. Después volved atrás y metedle el diente a las reflexiones que hago sobre Castelao escritor, porque, Castelao –nadie lo dude- es también uno de los grandes humoristas de la literatura universal. Y el más cervantino -¿o debo decir “cervantista”?-de todos.

Por cierto, el otro libro que llevé cuarenta años en la cabeza se titula Cervantes, o Quixote e a invención do humorismo, y confío en verlo editado en el 2016.

Gracias y que gocéis leyéndolo tanto como yo escribiéndolo.

Sirolibro_castelao

Amigos, por fin rematei un dos dous libros que levei corenta anos na cabeza. Un libro sobre Castelao artista, pero con outro título para non coincidir co de Luís Seoane. Un libro de debuxante a debuxante, á altura do panel; ollando de moi preto, mesmo dende a propia experiencia, o seu traballo artístico. Titúlase Castelao en el arte europeo, así, en castelán, en tradución do filólogo Alejandro Rodríguez Gómez, porque a Castelao hai que dalo a coñecer fóra de Galicia. Sae cun prólogo de Valeriano Bozal e unha presentación de María Victoria Carballo-Calero, editado por Duen De Bux, que son uns virgueiros. Digo que son virgueiros porque, ademais de editar moi ben, fano a moi bo prezo. O libro, con 224 páxinas e 30 ilustracións, terá un prezo de 20 euros, pero na pre venta costa 16. Vede a información en  http://www.duendebux.com

¿Por que quería facer este libro? Porque para min Castelao foi un debuxante extraordinario, un mestre a quen estudar, e estudeino, en todas e cada unha das súas facetas: caricaturista, humorista gráfico e ilustrador, no senso máis amplo do termo. Aquí analizo a súa obra viñeta a viñeta, imaxe a imaxe, cando o caso o require.

Refírome ao Álbum Nós, aos Álbumes de guerra, aos Debuxos de negros, aos Debuxos de cegos. E digo o que penso, aínda que as miñas conclusións non sexan compartidas por outros estudosos. Considero que o eloxio esaxerado e a crítica inxusta son igualmente negativos, e Castelao recibiu uns e outras. Este é un libro á marxe de sectarismos e de beaterías, que o noso artista non necesita, porque nada importa que algúns debuxos non me parezan afortunados; Castelao é, co conxunto da súa obra baixo o brazo, un dos grandes humoristas gráficos europeos; e, malia a gravísima cegueira que padecía cando elaborou os álbumes de guerra, un dos mellores ilustradores de calquera confrontación bélica.

O libro é denso –ameno, pero denso-, xa dixen que ten moitas páxinas porque para tratar do humor gráfico precisei teorizar, unha vez máis, sobre as formas do humor literario; pero como estamos en confianza, suxírovos aos que me fagades a honra de lerme, un estraño percorrido polas súas páxinas. Empezade pola parte que analiza a obra gráfica: Introdución, Diario 1921 e drama íntimo, e Capítulos IV a IX. É a máis orixinal, a que aporta información descoñecida e sorprendente. Despois volvede atrás e metédelle o dente ás reflexións que fago sobre o Castelao escritor, porque, Castelao –ninguén teña dúbidas- é tamén un dos grandes humoristas da literatura universal. E o máis cervantino -¿ou debo dicir “cervantista”?- de todos.

Por certo, o outro libro que levei corenta anos na cabeza titúlase Cervantes, o Quixote e a invención do humorismo, e confío en velo editado no 2016.

Grazas e que gocedes léndoo tanto coma min escribíndoo.

Siro

Deixa un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.