Dous retratos ou “visións” de Ramón Piñeiro

Ramón Piñeiro
Ramón Piñeiro

 

Ramón Piñeiro
Ramón Piñeiro

O centenario do nacemento de Ramón Piñeiro foi recordado hoxe nun acto celebrado ante a casa da rúa Xelmírez, en Compostela, onde viviu os últimos coarenta anos. Un acto de homenaxe, organizado polo Concello de Santiago e a Secretaría Xeral de Política Lingüística, e que contou coa presenza de representantes do mundo da cultura -Consello da Cultura Galega, Real Academia Galega, Fundación Penzol, Editorial Galaxia- e, sen embargo, un acto case íntimo; como todos os que se fan arredor da figura de Piñeiro. Eu tería que estar alí, pero a gripe impediumo. E como non me resignaba a non contribuír, mínimamente, a este recordo de quen foi o mellor dos meus mestres e o máis xeneroso amigo, debuxei no ordenador os bocetos de dous novos retratos ou “visións”, que procurarei levar ao lenzo e engadilos á colección que lle adiquei no ano 2009, na celebración do Día das Letras Galegas.

 

Deixa un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.