
Sin categorizar
Feliz Nadal e ledo Aninovo
Ilustración: Siro
Música: Amancio Prada
Puntadas sen fío: Torra «és collonut»
Téñoo que dicir porque, se non o digo, rebento: Torra cáeme de fábula. A admiración, o arroubo, o pasmo que sinto cando o vexo, o oio e o leo, débese á certeza de que é un político especial, un político de raza, un politicazo. Torra non é guapo coma Pedro Sánchez, Casado e Albert Rivera, … Ler mais
Doazón de tres retratos ao Museo Provincial de Lugo
En setembro de 2017 fixen no Museo Provincial de Lugo unha exposición retrospectiva de debuxo e pintura, comisariada por Fernando Arribas, para dar a coñecer a miña creación plástica fóra da caricatura e do debuxo de humor, xéneros máis coñecidos despois de exercer no xornalismo gráfico case medio século. Lugo é unha cidade á que … Ler mais
A risa que molesta. Por Siro
Ser humorista non debería ser unha profesión de risco porque quen fai rir, faise querer. Sen embargo esta afirmación só é válida para o autor cómico, que busca a risa pola risa e divirte con alardes de enxeño en temas que non molestan a ninguén. Non se pode dicir o mesmo do autor satírico, que procura a risa do público coa ridiculización de alguén ou de algo socialmente relevantes. Por eso nas dictaduras non se permite a sátira política, e nas democracias sempre hai alguén que quixera prohibila.
O fanatismo relixioso
Ao fanático relixioso moléstalle a risa. Os fanáticos relixiosos non rin porque o Deus bíblico non é un Deus amable, senón un Deus terrible e temible. No xudaísmo Xeová é temido, e tamén o cristianismo se viviu moito tempo máis no temor de Deus que no amor a Deus. En O nome da rosa o monxe bibliotecario, Jorge de Burgos, mata a cantos teñen acceso ao Libro da risa, o segundo da Poética de Aristóteles, porque o home que ri síntese libre e deixa de temer a Deus.
Profesión de risco en España
Por eso, en contra do que poidese parecer, a de humorista foi sempre e en todas partes, mesmo en España, unha profesión de risco.
Don Francesillo de Zúñiga, bufón de Carlos V, autor de Crónica burlesca del emperador Carlos V, foi asasinado por orde dalgún noble molesto coas súas chanzas.
Quevedo coñeceu e sufriu os cárceres da Inquisición pola súa “indecencia del discurrir, la libertad del satirizar, la impiedad del sentir, y la irreverencia del tratar las cosas soberanas y sagradas”.
RadioRadio
Llegué a la radio en el año 1970, como guionista del programa cultural O espello, que en la cadena COPE hacía en Ferrol la locutora Xulia Díaz Sixto. Empecé escribiendo diálogos humorísticos, después entrevistas a escritores y artistas gallegos, y al cabo de algunos años fui el realizador y presentador del programa, hasta el año … Ler mais