Vai de humoristas: Moncho Borrajo

Moncho Borrajo por Siro

Non lembro cando, nin como coñecín a Moncho Borrajo, pero a nosa amizade pode superar os corenta anos, o que me permite facer unha afirmación sobre o ser humano que se acocha baixo o actor cómico de tantos e tan extraordinarios talentos: é home tenro, agradecido e leal amigo.

Vémonos pouco, tan pouco que cando no mes de agosto fun á caseta da Feira do Libro de A Coruña onde asinaba exemplares da súa Escolma de Humorismo Gráfico de Moncho Borrajo, non me recoñeceu. Iso si, en canto o fixo, abrazoume, bicoume, deu mostras de enorme alegría e quixo perpetuar o encontro nunhas fotos. Velaí están.

 

¿Te gustó este artículo? Compártelo

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on pinterest
Pinterest
Share on linkedin
LinkedIn
Share on email
Email

Deixa un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.