Forges, de necesario a imprescindible

Forges por Siro

«Poderíase entender a España actual sen Forges? Desde logo que si, pero faltaría Forges, que sería unha falta importante». Así empezaba Carlos Casares, en 1973, o artigo da sección Con esta lupa, que os dous faciamos no xornal La Región de Ourense. Hoxe, pasados 45 anos, son incontabeis as testemuñas que ratifican aquela opinión e, aínda máis, afirman … Ler mais

González Collado

González Collado

Pasei o Nadal na serra de Madrid e ao volver entereime do falecemento de González Collado. Sorprendeume porque, aínda que tiña unha idade avanzada -91 anos-, víao tan activo e optimista que non pensaba que podería deixarnos un día calquera. E así foi. Ademais do sentimento de pesar pola desaparición do amigo, quédame a frustración … Ler mais

Vai de humoristas: A arte diabólica de Xaquín Marín

Xaquín-Marín por Siro

É curioso que a facilidade para a creación artística non se vexa como un don da divinidade, senón como algo diabólico. Mesmo nos músicos, malia termos as expresións “música celestial” e “tocar coma os anxos”, ante intérpretes xeniais como Niccoló Paganini e Giuseppe Tartini, foi crenza xeral que fixeran un pauto co demo. A Platón … Ler mais

Xaquín Campo Freire

Xaquín Campo Freire

Boas tardes. Cando Cunqueiro estaba xa moi maliño de saúde, fómolo visitar Carlos Casares e eu. O home andaba algo melancólico, pero díxonos que tiña intención de escribir un diccionario de anxos, porque coñecía arredor de 300 polo nome e a biografía dos máis deles. –“Por certo –dixo- que un é de Lugo”. -“¿Como que … Ler mais