Puntadas sen fío: Sobre o Día das Letras Galegas

María Victoria Moreno por Siro
María Victoria Moreno por Siro

María Victoria Moreno debeu de ser militante ou simpatizante do BNG porque este ano a celebración do Día das Letras Galegas foi unha balsa de aceite e non se oíu unha voz en contra para reivindicar a Carballo Calero. Pola contra, en Pontevedra partiu do BNG a iniciativa de dar o seu nome a unha avenida e, ao facelo, o alcalde Fernández Lores dixo que os pontevedreses vivían unha xornada feliz porque se daba «un paso xigante para poñer luz onde había sombra, para pintar de violeta o que antes era gris, para trocar as armas polas letras, a carraxe polo sorriso, a violencia polo amor». Precioso. Mágoa que no 2015 fose el quen trocou o sorriso pola carraxe para censurar a dedicatoria a Filgueira Valverde e dar o pistoletazo de saída aos «incontrolados», que, armados de sectarismo e ignorancia, se lanzaron a denigrar a figura do homenaxeado por ser alcalde no franquismo.

Non recordo nada tan ruín no mundo da cultura galega porque Filgueira foi alcalde con Franco, non alcalde franquista, e só aceptou o cargo a condición de non ter o de xefe local do Movemento. Filgueira foi home sabio e home digno, e non se me ocorre mellor imaxe da dignidade persoal que as fotos de actos institucionais en Pontevedra cos militares e civís brazo en alto e el, o alcalde, en posición de firmes.

Eu tamén quero un Día das Letras Galegas para Carballo Calero, e aínda que entendo os receos da Academia polo problema que supón o reintegracionismo, hai un Carballo Calero anterior á etapa reintegracionista que merece ser homenaxeado.

¿Te gustó este artículo? Compártelo

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on pinterest
Pinterest
Share on linkedin
LinkedIn
Share on whatsapp
WhatsApp
Share on email
Email

Deixa un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.