Puntadas sen fío: Todo o que precisas é humor

Todo o que precisas é humor red por Siro
Todo o que precisas é humor red por Siro

A mañá do 15 de abril de 1931, en plena resaca da proclamación da República, atopáronse en Madrid os escritores Josep Pla e Julio Camba. Levaban tempo sen verse e o catalán observou que o galego, ademais de engordar algo, tiña a cara conxestionada e tambaleábase ao andar. Supuxo que pasaría a noite celebrando o advenimento e Camba confírmoullo:

-¡Sí! me dice con un habla algo atropellada-. He venido a Madrid por lo de la República. Aspiro a una embajada. Tengo méritos, creo yo, suficientes. He vivido casi toda mi vida en el extranjero. Conozco varios idiomas. De joven fui anarquista. Lerroux lo sabe y espero que lo tenga en cuenta.

Ao se despedir, Pla meditaba: “Que don Julio Camba sería un buen embajador, está fuera de toda duda. Juega al póquer como los ángeles”.

Pero non foi e cando, semanas despois, coincidiron, un Camba atristurado e irónico contoulle que nomearan embaixadores a moitos intelectuais, pero non a el.

–Entonces usted, señor Camba, ¿no ha sido considerado intelectual?

–No, señor. He sido considerado un insignificante humorista.

Hoxe  ninguén vería en Camba un simple humorista. Os programas de humor nas TVS do mundo fixeron posible  que os cómicos presidan gobernos, creen partidos políticos e sexan deputados e senadores. Camba daría un estupendo presidente do Senado.

Se o sentido do humor é necesario sempre, hoxe, ante as sesións apocalíticas que a oposición argallará toda a lexislatura, a resposta do Goberno non debería ser o cabreo, senón a risa que desarma e ridiculiza. Fíxoo Pablo Iglesias na sesión de investidura en réplicas aos líderes do PP e VOX:

-Señor Casado, más Pérez Galdós y menos Pérez Reverte.

-Ha hablado usted, señor Abascal, del Leviatán  que quiere crear la izquierda para que algunos vivan de las subvenciones. Habiendo estado chupando del frasco de Esperanza Aguirre tanto tiempo, creo que debería  ser usted un poquito más prudente.

O día que Pablo Iglesias se entere de que a Guerra Civil non foi “entre bos e malos”, será un parlamentario excelente e divertido. 

¿Te gustó este artículo? Compártelo

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on pinterest
Pinterest
Share on linkedin
LinkedIn
Share on whatsapp
WhatsApp
Share on email
Email

Deixa un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies