Puntadas sen fío: Seny y rauxa

quim torra por siro
Seny y rauxa por Siro

Seny y rauxa–sensatez e arrebato, en galego- son, segundo Vicens Vives, un dos creadores da moderna historiografía en España, peculiaridades que conforman o carácter catalán. A min paréceme que de asisados e arroutados todos temos algo, pero seica os cataláns aceptan que o son en maior grao e con iso explican a súa ensarillada historia dos tres últimos séculos. Ata onde chega a miña memoria, no decorrer histórico de Catalunya vin impoñerse ás veces o senye outras a rauxa. E no da política tamén.

En 1977 o PSOE fixo unha oferta moi xenerosa ao Partido Socialista de Catalunya –a mesma que ao PSG en Galicia- para compartiren candidaturas nas primeiras eleccións da democracia. Os dirixentes do PSC dubidaban porque fixeran un mitin en Barcelona e acudiran 50.000 persoas, que eran moitas; pero cando Felipe González deu outro e a cidade quedou paralizada, o senyfíxolles aceptar a oferta de contado e a coalición socialista obtivo 15 escanos e UCD 6.

Naquelas eleccións non puido participar Esquerra Republicana de Catalunya por non estar legalizada. A Xunta Electoral propuxera aos líderes concurrir como Esquerra Nacionalista de Catalunya, pero non aceptaron e foron en coalición co Partido do Traballo. Só obtivo escano Heribert Barrera, secretario de Esquerra. En 1979 participaron como Esquerra Republicana e pola súa conta, pero o resultado foi o mesmo. Nas Autonómicas de 1980 conseguiron 14 escanos, moi por debaixo do PSC, que chegou aos 33 e do PSUC –os comunistas cataláns- que obtivo 25. Esquerra Republicana, o partido que arrasara en 1931, o de todos os presidentes da Generalitat –Maciá, Companys, Irla, Tarradellas-, estaba en horas baixas e, endebén, Heribert Barrera, home con seny, cría que Esquerra “é a alma de Catalunya” e volvería gañar a confianza do electorado. Non foi así ata que despois de varios altibaixos e crises, chegou Oriol Junqueras coa rauxabaixo o brazo e nas últimas eleccións Xerais, Esquerra acadou 15 escanos e o PSC 12.

Tense falado moito do senycatalán e moi pouco da rauxa. Porén, a rauxalevou aos federalistas cataláns “intransixentes” a tentar un golpe de Estado contra a Primeira República, recén nada, para proclamar o Estado Catalán. E foi a rauxaquen levou ao presidente Companys a facelo, en 1934; e ás milicias independentistas a defender coas armas a República Catalana contra o exército español.

Ante a violencia destes días en Catalunya, co president Torra como encarnación da rauxa, volvo a Vicens Vives, quen, en 1954, escribía:

 “Ser arrauxat es, precisamente, andar falto de seny, obedecer a impulsos emocionales, actuar según determinaciones repentinas. En estas circunstancias nos dejamos llevar por la pasión, sin sopesar las realidades ni mesurar sus consecuencias. Somos entonces los hombres de la llamarada y de las actitudes extremistas. Nuestro sentido de la ironía nos falla y salimos a la calle devorados por un exceso de presión sentimental”.

Pois espera a que chegue Guardiola e, no medio, empece a repartir xogo. A rauxa pode gañar ao seny por goleada.

¿Te gustó este artículo? Compártelo

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn
WhatsApp
Email

Deixa un comentario