Puntadas sen fío: Miguel Hernández na Almudena

Puntadas sen fío: Miguel Hernández na Almudena por Siro
Puntadas sen fío: Miguel Hernández na Almudena por Siro

A denuncia e a soflama chegáronme en forma de WhatsApp hai un par de semanas: “O Axuntamento de Madrid borra os versos de Miguel Hernández no cemiterio da Almudena. Ateiguemos as redes sociais con eles”. E engadía o poema borrado, popularizado por Serrat nunha preciosa canción: “Para la libertad me desprendo a balazos/ de los que han revolcado su estatua por el lodo./ Y me desprendo a golpes de mis pies, de mis brazos,/ de mi casa, de todo./ Porque donde unas cuencas vacías amanezcan,/ ella pondrá dos piedras de futura mirada/ y hará que nuevos brazos y nuevas piernas crezcan/ en la carne talada./ Retoñarán aladas de savia sin otoño/ reliquias de mi cuerpo que pierdo en cada herida./ Porque soy como el árbol talado, que retoño:/ porque aún tengo la vida”.

O feito resultaba incomprensible e ridículo, ademais de vexatorio para o admirado poeta, polo que, como calquera persoa sensible, deberíame sumar aos vingativos do agravio. Pero eu coñecíao desde o mes de febreiro, cando se produciu; e sabía que a retirada da placa de pedra cos versos formaba parte do desmantelamento que o goberno do alcalde Martínez Almeida fixo do memorial que o de Manuela Carmena empezara a construír en homenaxe aos 2.937 represaliados polo franquismo en Madrid, entre 1939 e 1944. Un conxunto monumental con todos os nomes, datas da morte e dúas placas máis. A segunda reproducía as palabras da xove Julia Conesa -unha das Trece Rosas-, cando ía ser fusilada contra a tapia do cemiterio: “Que mi nombre no se borre en la historia”; e explicaba a razón da obra: “En memoria y reconocimiento a las cerca de 3.000 personas ejecutadas e inhumadas en esta necrópolis entre abril de 1939 y febrero de 1944”. A terceira era de denuncia: “Finalizada la Guerra Civil en Madrid, la dictadura del general Franco reprimió ferozmente a sus enemigos políticos. Consejos de guerra carentes de cualquier garantía procesal dieron lugar a numerosas ejecuciones por fusilamiento o garrote vil”.

Era, en fin, un sentido recordatorio dos mortos e un enorme monumento ao sectarismo político; porque non so ignoraba as 2.400 vítimas da represión republicana en Paracuellos, senón que un par de centos dos homenaxeados foran “chequistas” e participantes nas matanzas. Non vira nada igual des que, hai corenta anos, nun coloquio, alguén falou do asasinato de García Lorca como exemplo dos crimes horrendos franquistas e eu recordei o de Muñoz Seca como exemplo dos republicanos. Aquel home ergueu os brazos e berroume: -Por favor, como se lle ocorre comparar a Muñoz Seca con García Lorca!

Sigo pensando que a gran diferencia entre as represións franquista e republicana está en que políticos como Azaña, Prieto e Clara Campoamor recoñeceron as atrocidades cometidas na España roxa, e os vencedores na Cruzada xamais recoñeceron as súas.

O novo texto do memorial di: “El pueblo de Madrid a todos los madrileños que, entre 1936 y 1944, sufrieron la violencia por razones políticas, ideológicas o por sus creencias religiosas. Paz, piedad y perdón”.

Moito mellor, pero eu deixaría os versos de Miguel Hernández. Valen para todos e seguro que a el, hoxe, gustaríalle.

¿Te gustó este artículo? Compártelo

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on pinterest
Pinterest
Share on linkedin
LinkedIn
Share on whatsapp
WhatsApp
Share on email
Email

1 comentario en “Puntadas sen fío: Miguel Hernández na Almudena”

  1. Si claro, quién no reconoce lo que hace, no tiene el perdon.
    Miguel Hernazdez un gran poeta, este poema selecciona precioso me ha llegado al corazón.

    Responder

Deixa un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies