Puntadas sen fío: Dez anos sen ETA

Puntadas sen fío: Dez anos sen ETA por Siro
Puntadas sen fío: Dez anos sen ETA por Siro

Hai dez anos que ETA deixou de matar e Arnaldo Otegui, coordinador xeral de EH Bildu, fixo unha declaración con mención especial ás vítimas da violencia terrorista: “Queremos trasladarles que sentimos su dolor y afirmamos que nunca debería haberse producido. A nadie puede satisfacer que aquello sucediera. No se debería haber prolongado tanto en el tiempo. Deberíamos haber llegado antes a Aiete (en referencia á Conferencia Internacional para a Resolución do conflito no País Vasco, no pazo de Aiete, en San Sebastián, en 2011). Desgraciadamente, el pasado no tiene remedio. Nada de lo que digamos puede deshacer el daño causado. Pero estamos convencidos de que es posible aliviarlo desde el respeto y la memoria. Sentimos enormemente su sufrimiento y nos comprometemos a mitigarlo”.

Non coñezo a Otegui e non teño poderes de adiviñación, polo que ignoro canta sinceridade hai nesas palabras; pero por moito que as leo, e aínda que algunhas me desagradan, non vexo unha burla para as vítimas e as súas familias, nin me parece posible deducir que non teñen máis finalidade que normalizar a súa participación como socio do Goberno; opinións que lin en varios columnistas. Fóra da esquerda independentista, Otegui cae mal. A min tampouco me gusta. Hai algo no seu ollar que me arrepía e ata facerlle a caricatura me desacouga; pero a lectura obxectiva da súa biografía e da documentación sobre o desmantelamento de ETA, lévame á conclusión de que foi peza clave no proceso que puxo fin á violencia terrorista. Pódese ironizar canto se queira co cualificativo “home de paz”, que nunca Zapatero lle deu, por máis que o populismo mediático o repita; pero o xornalista Manuel Domínguez Moreno, editor e director de Diario 16; que viviu dez anos en Euskadi con escolta policial, afirma no artigo “Arnaldo Otegi: una de las claves en el camino hacia la paz en Euskadi” que, en 2016, despois de cumprir unha condena de seis anos, acusado de tentar reconstruír o ilegalizado Batasuna, Otegui experimentou un proceso de transformación e evolución nos seus plantexamientos, froito da elaboración persoal e de enfrontarse co seu pasado; e reapareceu na política vasca para liderar o camiño á paz desde a esquerda abertzale, “aunque de momento son mayoría los que se niegan a aceptar la capacidad de evolución y cambio en el pensamiento humano y siguen viendo en Arnaldo Otegi al terrorista”.

As vítimas de ETA teñen todo o dereito a rexeitar as palabras de Otegui e a velo como terrorista; pero os ataques que recibe dos partidos e analistas políticos da dereita –mesmo os feitos desde a convicción- procuran abater dous paxaros co mesmo tiro. Se Otegui é herdeiro de ETA, Pedro Sánchez, que goberna co seu apoio, é indigno. A trécola está ben, pero as hemerotecas funcionan como vitaminas contra a desmemoria e aí está Javier Maroto –este, si me cae ben-, hoxe portavoz do PP no Senado, que sendo alcalde de Vitoria-Gasteiz entre 2011 e 2015 acadou acordos de goberno con todos os partidos da corporación municipal, incluído Bildu. E comentou: “Ojalá sucediese en más foros. Ojalá cundiese el ejemplo”. Digo eu que Bildu non sería en 2013 menos herdeiro de ETA do que é hoxe, pero ningún dirixente do PP lle tirou das orellas a Maroto, e non recordo ningún artigo de opinión que lle fose á chepa. Claro que, se cadra, teño que volver ás hemerotecas.

¿Te gustó este artículo? Compártelo

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on pinterest
Pinterest
Share on linkedin
LinkedIn
Share on whatsapp
WhatsApp
Share on email
Email

Deixa un comentario

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies