Puntadas sen fío: Un 20 N en calma

Puntadas sen fío: Un 20 N en calma por Siro
Puntadas sen fío: Un 20 N en calma por Siro

Despois da tensión vivida na retirada dos restos de Franco do Val dos Caídos, o aniversario da súa morte pasou sen máis incidentes que as voces iradas duns poucos nostálxicos ante o novo túmulo, no camposanto de Mingorrubio; e as pintadas aldraxantes para o Caudillo que mans pretendidamente xusticieiras fixeron na casa Cornide, de A Coruña, propiedade da familia Franco. Paréceme “ocasión propicia y obvia”, que diría don Mendo, para recordar un par de anécdotas pouco coñecidas de quen rexiu os destinos de España, durante case 40 anos, pola gracia de Deus.

En 1939, cos liberados dos cárceres republicanos en Madrid, saiu un austríaco que dixo chamarse Filek. Era un sedutor-estafador de mulleres solitarias, pero presentouse a altos funcionarios do Réxime como nazi e inventor, e conseguiu chegar a Franco para dicirlle que podía fabricar gasolina sintética coa auga do río Jarama. E Franco creuno, e cando o BOE publicou a lei de protección da industria nacional, a primera empresa beneficiada foi a de Filek. Cabo dun ano descubriuse a estafa e Filek coñeceu os cárceres franquistas antes que o enviasen -”como nazi”- a Hamburgo, onde morreu.

O ridículo foi antolóxico e Franco impuxo o silenzo, pero Ignacio Martínez Pisón descubriuno e contouno no libro “Filek”, editado en 2018.   

Quixo ou non quixo Franco ser enterrado na basílica do Val dos Caídos?

O seu curmán e secretario privado, Franco Salgado-Araújo, pensaba que non, aínda que, con gran intuición, soubo ver o futuro. En 1957 escribía no diario: “La prensa extranjera se ocupa mucho de esta obra de Franco y dicen que éste desea que guarde sus restos mortales. Aunque seguramente lo enterrarán allí, no creo que él lo hiciera pensando en esto, sino para perpetuar su victoria sobre el comunismo; tal vez haya querido imitar a Felipe II, que levantó el monasterio de El Escorial para conmemorar la batalla de San Quintín”.

Un ano despois Franco deulle a razón: “El monumento no se hizo para seguir dividiendo a los españoles en dos bandos irreconciliables. Se hizo, y esa fue siempre mi intención, como recuerdo de una victoria sobre el comunismo que trataba de dominar a España. Así se justifica mi deseo de que se pueda enterrar a los caídos católicos de los dos bandos”.

Nin unha palabra de ser el un dos acollidos, pero foino porque Arias Navarro e o rei Xoán Carlos así o quixeron; e produciuse a anécdota que o arquitecto Ramón Andrada contou ao escritor Daniel Sueiro: “Empezaron a llegar los invitados y vi que algunas de esas personas deambulaban por allí mirándolo todo. Y de repente, al pie de la fosa, un hombre que estaba mirando para arriba, no sé, de repente dio un paso atrás y se nos cayó dentro, de espaldas. En una fosa de 1,70 metros de profundidad, una fosa de hormigón forrada de plomo. El golpe pudo ser mortal, claro. Y a la vista de todos. Era un excombatiente, de camisa azul, un hombre de más de sesenta años. Fue un gran susto. Al instante aparecieron los camilleros, a los que ayudaron grupos de amigos. Luego ya no sé, la verdad, si después quedó malherido o no”. Se Franco puidese velo, supersticioso como era, seguro que se negaría a entrar no furado. E non lle faltaría razón. Aquel accidente foi un agoiro, e xa se sabe que “o que mal empeza, mal acaba”.

¿Te gustó este artículo? Compártelo

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on pinterest
Pinterest
Share on linkedin
LinkedIn
Share on whatsapp
WhatsApp
Share on email
Email

Deixa un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.