Puntadas sen fío: Piedrahita, Dolina e Wenceslao

Luis Piedrahita, Wenceslao Fernández Florez, Alejandro Dolina por Siro

O primeiro Encontro Mundial de Humorismo, organizado e dirixido polo cómico Luis Piedrahita, celebrouse con grande éxito a pasada semana na Coruña e homenaxeou o arxentino Alejandro Dolina, un xenio do humor. Eu homenaxeárao quince anos antes, cando escribín a comedia Hai que confiar na esperanza, ambientada no Buenos Aires de fins do XIX, e creei … Ler mais

Puntadas sen fío: Castelao, Antón Fraguas e eu

Castelao, Fraguas e Siro

En 1975 conmemorouse o vinte e cinco cabodano de Castelao con incontábeis publicacións e actos culturais en toda Galicia. Foi unha gran celebración colectiva, na que a contribución cidadá sería hoxe inimaxinable. En Ferrol houbo unha mesa redonda na que participamos Antonio Fraguas, Ramón Piñeiro e eu. Fraguas tiña 70 anos, pero aparentaba máis, porque quería aparentar máis; tamén … Ler mais

Puntadas sen fío: Marchando unha de V Centenario!

V Centenario: Albert Rivera, López Obrador y Pablo Casado por Siro

Sospeito que os políticos, comentaristas políticos e creadores de opinión que leron a carta do presidente de México ao rei de España cóntanse cos dedos dunha orella, que diría o Périch, porque só desde o descoñecemento poden entenderse tantas aldraxes á súa persoa. Descoñecemento e mala fe, claro, en procura do sensacionalismo, mesmo do escándalo, … Ler mais

Puntadas sen fío: Un conto de Cervantes

Un conto de Cervantes por Siro

Cando o Instituto Galego de Estatística anunciou, en 2011, que nos últimos dez anos baixaran os falantes monolingües en Galicia –moito os galegofalantes e un pouquiño os castelánfalantes-, eu vin positiva aquela tendencia ao bilingüismo en ambos grupos porque entendo que o dominio dos dous idiomas, o bilingüismo perfecto, debe ser a nosa meta ideal. … Ler mais