Ferrol, Ferrol, Ferrol, onde eu nacín: Amor en Amboaxe Ferrol, Ferrol, Ferrol, onde eu nacín: Amor en Amboaxe

mor en Amboaxe

Chamábase Mariconchi e era a nena máis linda que eu vira nos meus dez anos de vida. De pel branca como a Brancaneves do conto, ollos grandes e inquedos, boca debuxadiña e fresca, de dentes perfectos, que falaba e ría sempre… Estouna vendo co pelo claro e longo, recollido en “cola de cabalo”; altiña, lanzal, … Ler mais

Riscos: Rosalía Mera

Rosalía Mera por Siro

No ano 1997 empecei a publicar en La Voz de Galicia, con periodicidade semanal, unha serie de entrevistas a galegos e galegas coñecidos pola súa actividade profesional (Riscos). Unha das varias mulleres entrevistadas foi Rosalía Mera, recentemente falecida de forma inesperada. Foi unha conversa moi cordial, realizada na Fundación Paideia, coa que eu colaborar dende … Ler mais

Ferrol, Ferrol, Ferrol, onde eu nacín: AlzheimerFerrol, Ferrol, Ferrol, onde eu nacín: Alzheimer

Alzheimer

De todas as enfermidades senís, da que máis se fala hoxe é da chamada Alzheimer; pero este é un nome que coñecemos recentemente, e antes, cando os vellos perdían a memoria e a razón, diciamos: “a avoíña está chocha”  ou  “o avó toleou”. Quizais o primeiro caso de Alzheimer que coñecín –aínda que non o … Ler mais

Ferrol, Ferrol, Ferrol, onde eu nacín: XoséFerrol, Ferrol, Ferrol, onde eu nacín: Xosé

Xosé

Hai poucos días coñécín nunha cidade galega, que non é a nosa, a unha rapaza co síndrome de Down. Os pais tiñan dous varóns e foron pola nena, pero en canto a nai soubo que a criatura viña con esa discapacidade, non quixo vela; nin tampouco o pai, nin os avós. Pretendían que os servizos … Ler mais

Ferrol, Ferrol, Ferrol, onde eu nacín: Un militar e escritorFerrol, Ferrol, Ferrol, onde eu nacín: Un militar e escritor

juan_beceiro_amado

O 25 de xaneiro de 1927 saía de Ferrol o cruceiro Blas de Lezo coa misión de protexer aos españoles residentes en Shangai, ante a gravidade da situación que se vivía en China, despois de décadas de rebelión anticolonialista e a punto de comezar a guerra civil entre comunistas e anticomunistas. O capitán de máquinas … Ler mais