Riscos: Antón Fraguas

Antonio Fraguas por Siro

O Día das Letras Galegas dedícase este ano ao etnógrafo Antón Fraguas Fraguas, figura relevante na cultura galega e persoa queridísima pola súa bonhomía. No ano 1997 entrvisteino e caricaturiceino para a sección Riscos, que eu facía semanalmente en La Voz de Galicia. Coido que a conversa e a caricatura permiten coñecer a rica personalidade … Ler mais

Puntadas sen fío: Marchando unha de V Centenario!

V Centenario: Albert Rivera, López Obrador y Pablo Casado por Siro

Sospeito que os políticos, comentaristas políticos e creadores de opinión que leron a carta do presidente de México ao rei de España cóntanse cos dedos dunha orella, que diría o Périch, porque só desde o descoñecemento poden entenderse tantas aldraxes á súa persoa. Descoñecemento e mala fe, claro, en procura do sensacionalismo, mesmo do escándalo, … Ler mais

Puntadas sen fío: Un conto de Cervantes

Un conto de Cervantes por Siro

Cando o Instituto Galego de Estatística anunciou, en 2011, que nos últimos dez anos baixaran os falantes monolingües en Galicia –moito os galegofalantes e un pouquiño os castelánfalantes-, eu vin positiva aquela tendencia ao bilingüismo en ambos grupos porque entendo que o dominio dos dous idiomas, o bilingüismo perfecto, debe ser a nosa meta ideal. … Ler mais

Puntadas sen fío: Diferentes, Jesús Vidal

Diferentes: Jesús Vidal e Xosé por Siro

A Jesús Vidal, premio Goya ao actor revelación pola intervención na película Campeones, que gañou tamén o corazón dos españois cun emotivo discurso ao recollelo, non lle gusta a palabra “discapacidade” aplicada ás carencias de persoas coma el e os seus compañeiros de rodaxe: “Yo prefiero hablar de diferencia porque, simplemente, las personas con discapacidad … Ler mais