Imáxes da Transición: Fin da Transición

Adolfo Suárez, Santiago Carrillo, Juan Carlos I, Manuel Fraga

As eleccións de 1982, que permitiron gobernar con maioría absoluta ao PSOE, sinalan, en opinión de historiadores e comentaristas políticos, a fin da Transición. Tres meses antes Adolfo Suárez creara un novo partido, o Centro Democrático e Social (CDS), que só conseguiu dous escanos; pero nas de xuño de 1986, obtería case dous millóns de votos e 19 escanos. Suárez pronosticou que nas próximas o CDS gañaría ao PSOE. Non foi así: en 1989 perdeu cinco deputados e en 1991, logo da debacle nas autonómicas e municipais, deixou a presidencia do CDS e renunciou ao escano no Congreso.

A sombra da Transición devoraba aos protagonistas. Carrillo perdeu a secretaría do PCE polos malos resultados en 1982; tres anos despois sería expulsado e crearía o Partido dos Traballadores de Epaña-Unidade Comunista. Non interesou e os dirixentes ingresaron no PSOE. El non o fixo.

O fracaso de AP nas eleccións autonómicas de 1986 en Euskadi apartou a Fraga da presidencia do partido, pero en Nadal de 1989 encabezou a lista do PP nas autonómicas galegas, obtivo maioría absoluta e presidiu a Xunta de Galicia quince anos.

Felipe González deixou boa parte do prestixio na xestión de Goberno e o rei Xoán Carlos abdicou en 2014.

Deixa un comentario

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.