Ferrol, Ferrol, Ferrol, onde eu nacín: Punto finalFerrol, Ferrol, Ferrol, onde eu nacín: Punto final

Se tivese que responder a pregunta de cales foron os traballos máis gratificantes no meu facer de xornalista, citaría o programa radiofónico “Corre Carmela que chove”, o curso de galego “¿Imos aló?” para a TVG, o conxunto da caricatura política como debuxante, e esta sección “Ferrol, Ferrol, Ferrol, onde eu nacín” na escrita. Foi un … Ler mais

Ferrol, Ferrol, Ferrol, onde eu nacín: ConfidencialFerrol, Ferrol, Ferrol, onde eu nacín: Confidencial

Cando me dispuña a publicar na Voz, a serie “A Transición en imaxes” pregunteime en que momento histórico debería rematala, e decidín facelo coa primeira victoria do PSOE nas eleccións xerais de 1982, porque con ela comezou a alternancia no Goberno. En boa lóxica tería de ser en nadal do 78, cando o Rei Juan … Ler mais

Ferrol, Ferrol, Ferrol, onde eu nacín: O ambiente na Oficina TécnicaFerrol, Ferrol, Ferrol, onde eu nacín: O ambiente na Oficina Técnica

oficina_tecnica_bazan

Aprobado o ingreso en deliñación, íamos destinados a calquera das catro oficinas técnicas existentes: Proxectos, Casco, Electricidade e Maquinaria. Eu fun á de Maquinaria e mentres aprendía o oficio, día a día, co proxectista Antonio Nogueira, profesor excelente e boísima persoa, cun fantástico sentido do humor, asistín durante tres anos aos cursos de formación que … Ler mais

Ferrol, Ferrol, Ferrol, onde eu nacín: Un conto de Noitevella Ferrol, Ferrol, Ferrol, onde eu nacín: Un conto de Noitevella

un conto de noitevella

  Aquela caricatura de Luis Picos, andando o tempo, chegaría a cambiarme a vida; pero, en breve, o que cambiou foi a miña maneira de ver a Arte. Eu levara as máximas calificacións en debuxo no bacharelato, sen embargo non era consciente de que podería debuxar; visitaba as exposicións que se facían na cidade, pero … Ler mais

Ferrol, Ferrol, Ferrol, onde eu nacín: Amancio Prada en FerrolFerrol, Ferrol, Ferrol, onde eu nacín: Amancio Prada en Ferrol

Amancio Prada en Ferrol

Unha mañá de domingo do ano 1975, mentres me enxabronaba a cara coa brocha para afeitarme a navalla, chegoume da radio unha voz de home que cantaba “Campanas de Bastabales/ cando vos oio tocar/ mórrome de soedades”. Corrín ao salón, e, coa brocha na man e a cara chea de escuma, senteime a escoitar, engaiolado, … Ler mais