O pasado día 11 morreu en Madrid María Aline Griffith Dexter, condesa de Romanones ao casar con Luis de Figueroa y Pérez de Guzmán el Bueno. Os medios de comunicación comentaron a súa vida novelesca, recordaron que foi espía norteamericana en París e Madrid durante a Segunda Guerra Mundial, gran dama da aristocracia europea e amiga de relevantes personalidades da política, das artes, do cine e do flamenco. Falouse moito do ambiente en que a condesa viviu e pouco da súa condición humana, o máis importante; porque o encanto que irradiaba non estaba só na beleza e elegancia da súa persoa, senón no feito de que quería á xente, a toda a xente, sen distingos de clases sociais, crenzas ou ideoloxías.
Nos anos corenta non había antibióticos en España, pero ela conseguiunos e púxoos á disposición dos colexios médicos para a xente necesitada. Unha noite de Nadal, cando se dispuña a asistir a unha gala, soubo que nunha das chabolas de Vallecas morría un neno de meninxite tuberculosa. Foi aló, colleuno e levouno no seu coche, de hospital en hospital, ata que o atenderon. Malia ao escepticismo dos médicos, o antibiótico salvouno. Cando volveu á chabola descubriu que o neno tiña un irmán e unha irmá, algo maiores, e que a familia malvivía de vender o carbón que apañaban nas vías. A condesa deu traballo na súa casa á nai e escolarizou aos nenos. Pouco despois, aquela muller, grávida dun home casado, abortou coa axuda dunha veciña de Vallecas, que se valeu de agullas de tecer. A condesa xa fixera plans para o neno que ía nacer, pero rexeitou o xuízo moral e a muller seguiu ao seu servizo durante corenta e un anos. Os rapaces remataron os estudos e tiveron cadanseu emprego.
Foi a condesa quen recuperou a finca de Pascualete nunha Estremadura sen máis comunicacións entre vilas que os camiños do gando. Había moitos anos que ningún membro da familia poñía os pés naquelas terras, das que se ocupaba un administrador. A transformación levou tempo e moita dedicación, pero a condesa sentiuse feliz con aquelas xentes humildes, que lle corresponderon cando, por amizade con Fraga, foi candidata de Alianza Popular nas primeiras eleccións democráticas. O fracaso do partido foi enorme, pero, por ela,arrasou en Trujillo.
A condesa de Romanones tiña gran sentido do humor e ría moito. Eu coñecina cando uns amigos comúns me levaron a visitala na súa casa de Madrid o pasado mes de maio. Descansaba, tendida na cama, e así nos recibiu. Díxenlle que era belísima e respondeume, con coquetería, que tiña 94 anos. Insistín: «Sí, y es bellísima». Era certo e pareceumo máis aínda cando, ao serlle presentado como debuxante galego, faloume da orixe galega e da vocación artística do conde. Eu conteille a lenda dos Figueroa, ela dedicoume un par de libros e cando os nosos amigos quixeron perpetuar a visita nunhas fotos, sorprendeunos a todos poñéndose a facer manitas comigo. A foto moita calidade non ten, pero si moitísima graza pola risa pícara da condesa e a miña enorme, de orella a orella.
2 comentarios en “Puntadas sen fío: A condesa de Romanones”
Es posible pero, es la realidad, el poder disfrutar de sus artículos y seguir sus publicaciones y exposiciones, cuando puedo y verlo y conversar con él, una vez al año
Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerte cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.
Podes revisar a nosa Política de Privacidade no seguinte enlace.
Cookies estrictamente necesarias
As cookies estritamente necesarias teñen que activarse sempre para que poidamos gardar as túas preferencias de axustes de cookies.
Estas cookies son:
Sesión de usuario.
Comentarios.
Seguridade.
Aceptación de cookies.
Se desactivas esta cookie non poderemos gardar as túas preferencias. Isto significa que cada vez que visites esta web terás que activar ou desactivar as cookies de novo.
Cookies de analítica
Esta web utiliza Google Analytics para recompilar información anónima tal como o número de visitantes do sitio, ou as páxinas máis populares.
Deixar esta cookie activa permítenos mellorar a nosa web.
Por favor, activa primeiro as cookies estritamente necesarias para que poidamos gardar as túas preferencias!
Que gusto poder seguir leyéndote. Apertas! El
Es posible pero, es la realidad, el poder disfrutar de sus artículos y seguir sus publicaciones y exposiciones, cuando puedo y verlo y conversar con él, una vez al año