Xente na brétema

xente-na_bretema
Xente na brétema, Federico Antón

Fixen estas láminas como homenaxe aos moitos personaxes populares que Ferrol deu desde comezos do século XX. Son homes e mulleres que non aparecerán en ningún libro de historia, aínda que protagonizaron a máis íntima e entrañable da cidade. Para os nenos da miña infancia, algúns foron heroes moito máis reais ca aqueloutros Fernán González ou o Cid Campeador, que tiñamos a obriga de estudiar.

Por experiencias anteriores sei que haberá achegados a eles que preferirían non velos recordados, pero, co maior respecto ao seu sentir, coido que estes personaxes, pola popularidade que acadaron, non son exclusivos de ninguén, senón patrimonio afectivo de todos. Desde rapaz souben que existe unha atracción mutua entre a xente “diferente” e eu. Agora, ao recollelos neste libro, quero chiscar un ollo con complicidade a todos os nosos paisanos que, por non seren feitos co troquel da vulgaridade, pasaron por “raros”.

Deixa un comentario

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies