Imáxes da Transición: Suárez desmonta a Operación Armada

A dimisión de Suárez botou por terra a Operación Armada.  Un novo Goberno sen Adolfo Suárez e Gutiérrez Mellado, aborrecidos nos cuarteis, e presidido por Leopoldo Calvo Sotelo, ben visto pola CEOE, facía imposible a compoñenda.

O 10 de febrero, despois de oír aos líderes políticos, o Rei fixo saber ao Presidente do Congreso que o candidato á presidencia do Goberno era Leopoldo Calvo Sotelo, e o 12 a Mesa do Congreso acordou que o debate de investidura empezaría o 18. Da frustración dos dirixentes socialistas e críticos da UCD comprometidos na trama, dan idea a declaración á prensa de Alfonso Guerra, o mesmo día 12, advertindo de que o PSOE non descartaba unha moción de censura ao novo Presidente; e as do democristián Álvarez de Miranda á revista Interviú do 15 de febrero, afirmando que a UCD debería gobernar co PSOE.

E o Rei, ¿sentiríase frustrado ao non poder avalar a Operación Armada? En xaneiro de 1981, días antes da dimisión de Suárez, declarou a Jorge Semprún, escritor e futuro ministro socialista, nunha entrevista para o Corriere della Sera: <España será gobernada por los partidos que ganen las elecciones>. Non parece que pensase en Armada para presidente.     

 

Deixa un comentario

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies