Imáxes dá Transición: Suárez acosado

transción por siro
transción por siro
Abril Martorell, Ricardo de la Cierva, Adolfo Suárez, Herrero de Miñón, Óscar Alzaga

A lexislatura foi un inferno para Suárez desde o comezo. O embaixador da Unión Soviética presionábao para que España non ingresase na OTAN, e a diplomacia norteamericana para que o fixese de contado. Curiosamente, os dous advertírono de que en caso de non ser atendidos  favorecerían o movemento independentista das illas.

O terrorismo de ETA e de organizacións de extrema esquerda e extrema dereita estaba especialmente activo aqueles anos, e só en 1979 causou 123 vítimas, a metade no País Vasco. Sen embargo os peores ataques contra Suárez viñan da UCD, onde Óscar Alzaga, Ricardo de la Cierva e outros criticaban públicamente as súas decisións, e o portavoz parlamentario, Miguel Herrero de Miñón, dirixía a operación de acoso e derribo. Nese ambiente, o vicepresidente Abril Martorell tentou desbancar a Suárez. Contouno o xornalista Emilio Contreras. Abril Martorell chamou a Alberto Recarte, asesor de Suárez, e díxolle: “Adolfo ha hecho más que nadie por este país pero ya es un arroyo seco por el que no corre nada, y no hay más remedio que sustituirle (…) y la única persona que puede sustituirlo soy yo”. Recarte informou a Suárez, que o escoitou en silenzo, subiu á vivenda e durante dous días non foi ao despacho.

Deixa un comentario

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies