Imágenes de la Transición: Sabino opina

transición siro
transición siro
Coronel Pardo de Santayana y Sabino Fernández Campo

Non só os líderes do PSOE apoiaban a Operación Armada. Aínda que Fraga negou os contactos, o seu socio Alfonso Osorio –en Nadal do 79, Fraga, Osorio e Areilza crearan Coalición Democrática- víase co xeneral e varios políticos coñeceron por el o plan en marcha. O tanteo chegou tamén a Ramón Tamames, do PCE, que fixo unhas declaracións favorábeis e Carrillo tivo que saír ao paso dicindo: “Ramón delira”.

A Operación Armada pasaba pola dimisión de Suárez, ben despois dunha nova moción de censura apoiada polos críticos da UCD, ben polo seu fracaso no inminente congreso do partido. A CEOE axudou económicamente aos críticos para que Suárez non fose reelixido e o xeneral Armada sentiuse tan apoiado que, ao enviar o documento á Zarzuela, mandou copia ao xeneral Miláns del Bosch.

Na Zarzuela, Sabino Fernández Campo, secretario da Casa Real, tamén vía factible a Operación Armada e díxollo ao coronel Pardo de Santayana. Despois de asegurarlle que ao Rei lle caera a venda dos ollos e xa non confiaba en Suárez, faloulle dun goberno de concentración presidido por Armada. E como a Santayana lle pareceu ben, concluiu: “Pues mira, eso está hablado e incluso los socialistas están de acuerdo…y se va a hacer”.

Deixa un comentario

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies