Imáxes dá Transición: Rebelión a bordo

Suárez, Garrigues, Cabanillas, Ordóñez, Herrero de Miñón, Lavilla
Suárez, Garrigues, Cabanillas, Ordóñez, Herrero de Miñón, Lavilla

Suárez non quixo ou non soubo capitanear a UCD ata que se decatou de que era un barco á deriva, con baróns enfrontados entre si e que chegaron a cuestionar o seu liderado. En procura dunha pacificación imposible trocou o goberno en maio de 1980, pero en xullo os baróns reuníronse con el nunha finca en Manzanares el Real –bautizada pola prensa como “La casa de la pradera”, en alusión a unha popular serie de televisión-, nun encontro que o ministro Arias Salgado calificou de irresponsable conspiración contra o líder.

Suárez volveu cambiar o goberno o 8 de setembro para facer un novo reparto de poder, e o 19 quixo contar co apoio do partido presentando unha Moción de Confianza á cámara para levar adiante un plan de austeridade económica e de política autonómica. O partido apoiouno, pero Herrero de Miñón publicou en El País un artigo demoledor, titulado “Sí pero…”, no que dicía: “sí a la decisión de gobernar de una vez”; “no al caudillaje arbitrario que pretende ocultar la irremisible pérdida del liderazgo político en el partido, en el Parlamento y en el Estado”.

Días despois impúxose por amplísima maioría ao candidato de Suárez na elección do xefe do grupo parlamentario de UCD. A rebelión era imparable.

Deixa un comentario

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies