Imáxes da Transición: Primeira lexislatura

Presidente Xunta de Galicia Gerardo Fernández Albor
Presidente Xunta de Galicia Gerardo Fernández Albor
Gerardo Fernández Albor, Domingo García-Sabell, José Quiroga, Antonio Rosón

O Parlamento Galego, presidido por Antonio Rosón, instalouse de forma provisional no espléndido marco do Pazo Xelmírez e o 12 de Nadal do ano 1981 comezou a primeira lexislatura. Francisco Vázquez, secretario xeral do PSOE galego e Ceferino Díaz, o ideólogo, acordaran levar nas listas a catro galeguistas independentes: Ramón Piñeiro, Carlos Casares, Alfredo Conde e Benxamón Casal, que deron o voto a Xerardo Fernández Albor para que presidise a Xunta de Galicia. A inexperiencia deu lugar á anécdota cando o presidente leu de corrido as dúas fórmulas alternativas e dixo: “Xuro ou prometo…”.

En maio de 1982 Francisco Vázquez renunciou á secretaría do PSOE e non volveu ao Parlamento ao non ser aceptada a súa proposta de que A Coruña fose a capital de Galicia. En novembro foron expulsados os deputados do Bloque Bautista Álvarez e Lois Diéguez, e o do PSG, Claudio López Garrido, por non acatar a Constitución e o Estatuto de Autonomía.

En xuño de 1984 os restos de Castelao volveron a Galicia para repousar no Panteón de Galegos Ilustres. A politización resultou inevitable e o que debería ser motivo de alegría compartida, converteuse nun acto lamentable.

A finais de 1985 convocáronse novas eleccións.

Deixa un comentario

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies