Imáxes da Transición: Outros apoios a Tejero

Cando Tejero dixo a Miláns del Bosch que tiña preparado todo, non tiña preparado nada. Só seis autobuses vellos, adquiridos a nome da muller, cos dous millóns de pts. que García Carrés lle conseguira da trama civil, a través do xeneral Iniesta. Non dispoñía de tropas ao seu mando, polo que pasou a mañá do día 23 no Parque Automobilístico da Garda Civil, tentando convencer aos capitáns de que participasen e aportasen as súas e ao coronel de que lle prestase os condutores. Dixo -e confirmouno o capitán Gómez Iglesias, do CESID-, que a misión estaba respaldada polo Rei e, coa axuda dos capitáns Muñecas e Abad, ás catro da tarde conseguira trescentos homes.

O éxito do golpe dependería da participación, en Madrid, da División Acorazada. O ministro Rodríguez Sahagún destinara á Coruña ao xeneral Torres Rojas, proclive ao golpe, e nomeara ao xeneral Juste; pero quedaban o coronel San Martín e o comandante Pardo Zancada. Os dous apoiaron a Tejero e foron xuzgados e condenados. San Martín, considerado o cerebro do outro golpe, “o dos coronéis”, declarou: “Yo participé en una operación que no me gustaba, que estaba mal planteada, peor ejecutada, y sin embargo me sacrifiqué porque algo había que hacer”.

Deixa un comentario

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies