Imáxes dá Transición: Operación Armada

Operación Armada
transición por siro
General Armada y Enrique Múgica

A prensa facíase eco do que era un rumor crecente nos círculos políticos: para evitar o perigo dun golpe militar cumpría botar a Suárez e facer “un goberno de salvación nacional”, por cauces constitucionais e co beneplácito do Rei. Armada dixo que o proxecto lle chegara do entorno de López Rodó e pasoullo ao Rei. Confirmoullo Sabino Fernández Campos ao xornalista Francisco Medina: “Y ese documento que, como digo, Armada me entrega, se le pasa al Rey, que es para lo que me lo dio”.

Cando Suárez anunciou á prensa que o PSOE quería levar un militar á presidencia do Goberno, dicía a verdade. Jordi Pujol fala nas súas memorias da visita que lle fixo Enrique Múgica para preguntarlle como se vería en CiU que se forzase a dimisión de Suárez e sustitutuílo por un militar de mentalidad democrática. Pujol respondeulle que moi mal.

Non foi o único contacto. Alfonso Guerra e Gregorio Peces Barba sondearon a Marcos Vizcaya, do PNV; e un socialista sin identificar a Julen Guimón da UCD vasca. Os críticos da UCD participaron no sondeo e dous deles preguntaron a Arzallus como vería un goberno de concentración presidido por un militar demócrata ou un banqueiro. Arzallus respondeulles: -¿Y por qué no un obispo?

Deixa un comentario

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies