Imáxes da Transición:LOAPA e sentencia do 23f

Francisco Fernández Ordóñez, Alberto Oliart y Leopoldo Calvo Sotelo
Francisco Fernández Ordóñez, Alberto Oliart y Leopoldo Calvo Sotelo
Francisco Fernández Ordóñez, Alberto Oliart y Leopoldo Calvo Sotelo

O 30 de xuño de 1982, o socialista Carlos Solchaga dicía no Congreso que desde nadal de 1978 a xullo de 1981 a construción do Estado das Autonomías resultara un camiño ensarillado e inzado de perigos. Non existía un mapa autonómico, nin unha distribución clara de cauces e teitos de competencias que permitisen albiscar o final do proceso.

Era a situación que o presidente Leopoldo Calvo Sotelo quixo corrixir en xullo de 1981 coa creación da Comisión de expertos, presidida polo profesor García Enterría, que elaborou un informe do que saíron uns Acordos Autonómicos, só asinados por  UCD e PSOE, que incluían dous anteproxectos de lei: a do Fondo de Compensación Interterritorial e a de Armonización do Proceso Autonómico, a LOAPA, que deu nome ao conxunto dos Pactos. Os nacionalistas denunciárona ao Tribunal Constitucional, pero o esencial mantívose.

Despois do 23f Calvo Sotelo quixo devolver á cidadanía a confianza nas institucións democráticas e, disconforme coa sentencia da Xustiza Militar, ordeou aos ministros de Xustiza e Defensa, Fernández Ordóñez e Alberto Oliart, a elaboración dun recurso  para que fose a Xustiza Civil quen tivese a última palabra. Non prosperou.

Deixa un comentario

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies