Imáxes da Transición: Un punto escuro

23f General Armada

Días antes do 23 f o xeneral Armada insistiu na necesidade de ser recibido polo Rei. Sabino opúñase co argumento de que a axenda estaba ocupada, pero don Juan Carlos propuxo un cambio e recibiu ao xeneral o día 13. Ninguén sabe que falaron, pero cando Armada foi xuzgado como golpista  solicitou á Casa Real que, para defender a súa honra, se lle permitise comentar aquela conversa. Sabino encargouse de negarllo. Dispuxo que un membro da Casa Real, Pablo Montesino-Espatero, duque da Vitoria, moi amigo de Armada, o visitase e, de palabra, lle dixese:

“El Rey dice que no te puede decir que si, sin saber qué vas a decir, ni decirte que no, porque entonces parece que estás ocultando algo que no se puede saber”.

Armada interpretou a resposta como unha negativa e, durante o xuízo, centrou a súa defensa en negar o encontro con Tejero nun piso da rúa Juan Gris, de Madrid, onde, segundo o teniente coronel, lle dera instrucións para a realización do golpe. Tamén se presentou como o héroe moral que espuxo a vida ao acudir ao Congreso e botou a perder a súa carreira militar ao se ofrecer para presidir un goberno de salvación nacional. Alguén tiña que sacrificarse e estivo disposto a facelo el.

Deixa un comentario

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies