Imáxes dá Transición: Gutiérrez Mellado tenta controlar o exército

Generales Ibáñez Freire, Gutiérrez Mellado y Gabeiras Montero. Armada, Torres Rojas y Miláns del Boch
Generales Ibáñez Freire, Gutiérrez Mellado y Gabeiras Montero. Armada, Torres Rojas y Miláns del Boch

Aos mandos militares non lles faltaban argumentos para mostrarse hostiles co presidente Suárez. Ademais de sentirse traizoados pola legalización do Partido Comunista e por una Constitución que os medios de comunicación máis reaccionarios presentaban como atea, destrutora da unidade da patria e contraria aos valores do exército, o terrorismo de ETA e GRAPO dirixiuse no bienio 1979-1980 especialmente contra as Forzas Armadas e de Orden Público, causándolles 21 e 82 mortos, respectivamente.

Para evitar as manifestacións iradas contra o Goberno dos asistentes aos fuñerais, dispúxose que se celebrasen a primeiras horas da mañá, mentres os etarras mortos eran enterrados como heroes polo entorno abertzale, no País Vasco. A orde sentiuse nos cuarteis como un agravio máis.

Tamén a reforma de Gutiérrez Mellado –que a medio prazo permitiría a modernización das Forzas Armadas-, creou tensións ao rodearse de colaboradores leais á Constitución, cunha política de ascensos e traslados que levou aos xenerais Gabeiras Montero e Ibáñez Freire a xefaturas de máxima responsabilidade sen ter en conta méritos e escalafón, e arredar a outros como Armada, Torres Rojas e Miláns del Boch.

Deixa un comentario

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies