Imáxes da Transición: O xeneral Armada e o ruído de sables

Juan Carlos I y el general Armada
Juan Carlos I y el general Armada

En febrero Tarradellas estivo con Armada en Lérida e comentoulle a un dirixente nacionalista catalán: “¡Este hombre está lanzado! Me preocupa”.

Eufórico atopárano tamén, un mes antes, os xenerais Sáenz de Tejada e Pardo de Santayana, cando os invitou á súa casa de Madrid para darlles dúas noticias: tiña que adiantar a volta a Lérida porque o Rei quería velo en Baqueira, e o xeneral Gabeiras ía propoñelo para segundo xefe do Estado Maior.

Despois preguntoulles como estaban de moral as unidades de Madrid e ao responderlle que había crispación pero non pensaban que poidese pasar nada grave, sentiuse molesto e discutiu con Sáenz de Tejada ata o punto de que a reunión rematou coa perplexidade e o disgusto dos visitantes.

Que Armada informaba ao Rei cargando as tintas da situación nos cuarteis sabíao Gutiérrez Mellado, que rifou con el cando, xa na subxefatura do Estado Maior, acudiu a visitalo por orde do Rei. Pero Armada pensaba que a volta a Madrid supuña tamén a aceptación real da “operación Armada”, de aí que ao lle preguntar Francisco Medina se o Rei contaba con el para presidir un goberno de salvación, respondeu: “Eso está contestado. El Rey quería traerme a Madrid”.   

 

Deixa un comentario

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies