Imáxes dá Transición: Franqueira contra ETA

Eulogio Gómez Franqueira
Eulogio Gómez Franqueira

Eulogio Gómez Franqueira, empresario creador de COREN e deputado de UCD, tiña 63 anos cando o 9 de xuño de 1980 cinco homes e una muller –todos xoves- chegaron á súa casa en Razamonde, no concello ourensán de Cenlle, con intención de secuestralo e canxealo por varios presos vascos.  Díxollo Zapatones, o xefe, que empezou dándolle una hora para xuntar vinte millóns de pesetas para pagar o rescate, pero rematou recoñecendo que o levarían con eles e non o liberarían nin por mil millóns.

A Franqueira salvouno a serenidade, a determinación de enfrontarse ao comando e o feito de estar en pixama cando os secuestradores chegaron.  Ao dicirlle Zapatones que se vestise, foi á habitación e o etarra acompañouno ata a porta. Antes de quitar o pantalón, Franqueira entornouna un pouco e o etarra, entendendo o seu pudor, permitiullo. Entón Franqueira colleu unha pistola, disparoulle e feriuno no colo. Zapatones caeu, Franqueira apagou a luz e botouse ao chan entre as dúas camas mentres lle disparaban desde a porta. O ferido estaba grave e o comando fuxiu para levalo a un hospital.  Colléronos a todos. A Franqueira corresponderíanlle dous millóns de pesetas por facilitar a detención. Non se sabe se as cobrou.

Deixa un comentario

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies