Imáxes dá Transición: Francisco Vázquez volve á secretaría do PSOE galego

Francisco Vázquez
Francisco Vázquez
Francisco Vázquez

Francisco Vázquez foi o primeiro secretario do PSOE galego ao ser elixido no congreso celebrado en febreiro de 1977, impoñéndose a Modesto Seara, ourensán residente en México, que asesorara ao presidente Echevarría. En novembro dimitiu despois dunha moción de censura do comité nacional de Galicia, na que Seara tivera unha participación decisiva.

En 1980, cando Galicia se mobilizaba por un estatuto de autonomía equiparable ao vasco e o catalán, o PSOE galego entrou en crise e foi necesario un congreso extraordinario. A insurrección contra o pacto UCD-PSOE, que tentaba rebaixar as competencias autonómicas, capitaneouna Francisco Vázquez, quen publicou en La Voz de Galicia un artigo durísimo, titulado “Agravio comparativo”, no que vindicaba os dereitos de Galicia como comunidade histórica e preguntaba se os galegos necesitaríamos a lacra do terrorismo para ser respectados. No congreso celebrado en agosto, Francisco Vázquez, con Ceferino Díaz como número dous, impúxose ao secretario Xosé Luis Rodríguez Pardo. O equipo Francisco Vázquez – Ceferino Díaz defendeu habilmente un estatuto de primeira para Galicia, responsabilizando á UCD da “aldraxe” aos galegos, e eximindo ao PSOE.

Deixa un comentario

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies