Imáxes da Transición: Fracasa o golpe

fracasa_23f_coronel_tejero

O golpe empezou a fracasar por motivos estéticos. A cámara que gravou a esperpéntica entrada de Tejero no Congreso, a fallida cambadela ao ministro Gutiérrez Mellado, os disparos contra o teito e as ordes que atentaban contra os deputados e o idioma, mostrou uns salvapatrias propios dun teatro de títeres. E sen embargo puido saír ben, malia os intentos da Casa Real, de altos mandos do exército e do Goberno Provisional, por abortalo.

Ocupación de Radio Televisión Española

A sede de Radio Televisión Española na Casa de Campo xa fora ocupada polo Reximento Villaviciosa 14 e a División Acorazada Brunete, peza clave da operación, non tomou Madrid porque, cando os carros estaban dispostos para saír, sóuboo o xeneral Sáenz de Tejada e advertiu ao Capitán Xeral Quintana Lacaci. Entre os dous, contra reloxio, chamaron aos mandos das unidades e impedírono. O curioso é que Sáenz de Tejada soubo da inminente saída da División Acorazada porque o coronel San Martín, creu que tamén el estaba no golpe, e informouno.

O 23 f fracasou definitivamente cando Tejero se negou a aceptar o Goberno previsto por Armada e impediulle o paso á Cámara. Nin sequera atendeu as ordes de Miláns para que o fixese. El empezárao e el rematouno.

Deixa un comentario

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies