Imáxes dá Transición: O Estatuto da aldraxe

imágenes de la transición por siro
imágenes de la transición por siro
Adolfo Suárez, Felipe González, Alfonso Guerra

En 1978, unha comisión formada por dezaseis membros de UCD, AP, PSOE, PC e PT redactaron o texto dun Estatuto de Autonomía que aproveitaba ao máximo o autogoberno permitido pola Constitución. Non participaron o PSG e a UPG, que defendían as Bases constitucionais para un estado federado galego como base dun pacto federal constituínte, que non recoñecía o proceso de transición desde o franquismo.

Aprobado pola Asemblea de parlamentarios, o Estatuto dos 16 enviouse ás Cortes Xerais, pero entón viuse que “a vía rápida” fora pactada por UCD e PSOE para os estatutos vasco e catalán, e que o galego ía ser o primeiro dos de “vía lenta” e menor contido. A prensa de Madrid apoiaba “a racionalización” do proceso autonómico.

En Galicia deixou de falarse do Estatuto dos 16 e falouse do Estatuto da aldraxe. García-Sabell publicou en El Ideal Gallego un artigo que causou gran impacto na opinión pública. A Voz titulou outro a cinco columnas: “Hoy, jornada en defensa de la dignidad nacional de Galicia”. A UCD e o PSOE galegos apoiaban as vindicacións, houbo manifestacións e Suárez, a quen o PSOE fixo aparecer como único responsable, autorizou un novo texto acordado no “Pacto do Hostal”, que aprobariamos en febreiro de 1981.

Deixa un comentario

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies