Imáxes da Transición: España ingresa na OTAN

España ingresa en la otan
España ingresa en la otan
Leopoldo Calvo Sotelo, Felipe González, Alfonso Guerra

As sondaxes do CIS deran maioría aos partidarios do ingreso de España na OTAN ata que o PSOE e o PC se manifestaron contra «a política de bloques militares». Ao anunciar Leopoldo Calvo Sotelo no discurso de investidura que plantexaría ao Congreso esta cuestión, a polémica avivouse e o vixésimo Congreso do PSOE, en outubro de 1981 -pouco antes do debate parlamentario-, opúxose, como nos anteriores, ao ingreso de España na OTAN, porque provocaría a reacción hostil do outro bloque. Isto era certo. O 7 de setembro Calvo Sotelo recibira unha carta ameazadora de Breznev, que o presidente español deu por non recibida e así llo fixo saber ao embaixador ruso.

A oposición do PSOE no debate parlamentario pasou das trécolas legalistas á petición dun referendo, a inclusión de Ceuta e Melilla no ámbito da defensa, a devolución de Xibraltar e a previa aceptación de España no Mercado Común. Porén, a vitoria do Goberno no Congreso e no Senado foi clara e, en maio de 1982, España converteuse no décimo sexto país da Alianza Atlántica. Anos despois, Felipe González recoñecería o erro do PSOE e tivo que facer maxia política para obter o si no referendo sobre a permanencia de España na OTAN, en marzo de 1986.

Deixa un comentario

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies