Imáxes da Transición: A dimisión de Suárez

Adolfo Suárez
Adolfo Suárez

Desde a reunión co Rei en Baqueira, Suárez sabía que perdera a súa confianza. O encontro non fora cómodo para ningún porque o Rei lle pediu, unha vez máis, que Armada volvese a Madrid e o presidente, unha vez máis, negouse.

O día 26 Suárez reuniu aos compoñentes do “sanedrín” da UCD -Cabanillas, Ordóñez, Martín Villa, Pérez Llorca, Calvo Ortega, Arias Salgado e Calvo Sotelo- e comunicoulles a súa inminente dimisión. Fíxoo sereo, recoñecendo os erros cometidos, as dificultades de gobernar coa crise económica, carecer de forzas para seguir, sentirse doído por ser o centro de tantos ataques e tanto odio, e non querer que os fillos visen nel un home aferrado ao poder.

Un dos presentes comentoulle ao xornalista José Oneto que despois daquela intervención todos estarían dispostos a asinarlle un cheque en branco para que presidise o partido por tempo indefinido; pero o día seguinte Suárez foi cedo á Zarzuela para falar con Sabino antes de xantar co Rei e informouno de que viña presentar a dimisión. Quería que o Secretario da Casa Real e os membros do Sanedrín soubesen que dimitía por propia vontade, e así o salientou no discurso televisado o mesmo día:

-“Me voy sin que nadie me lo haya pedido”.

Deixa un comentario

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies