Imáxes dá Transición: Razóns da dimisión de Suárez

transicion_adolfo_suarez
transicion_adolfo_suarez
Adolfo Suárez

Leopoldo Calvo Sotelo, elixido por Suárez para substituílo, opinou nunha frase breve e clara: “El hombre que ha hecho la transición política no dimite por una sola razón; dimite desde un estado de ánimo”. O estado de ánimo do presidente tiña que estar baixo mínimos, ante a gran confabulación para sustituílo, na que estaban o PSOE, homes valiosos da UCD, dirixentes da CEOE, financieiros, xornalistas e quizais o propio Rei, que, por fin, conseguira a volta de Armada a Madrid, a través do ministro de Defensa, Agustín Rodríguez Sahagún.

Pero Suárez sabía que esa confabulación, que levaría á presidencia dun goberno de concentración ao xeneral Armada, tentaba parar os golpes militares en marcha, que eran tres. Había algo máis, que Fernando Ónega subliña no libro Puedo prometer y prometo: Suárez non soportaba o desprezo e o odio da cidadanía, e sentiuse desprezado e odiado. Luis María Anson, que desde o 79 manobrou para quitalo do goberno, di que dimitiu porque os sondeos o daban perdedor nas próximas eleccións.

As razóns deunas Suárez no discurso de despedida: “Trato de que mi decisión sea un acto de estricta lealtad…hacia mi propia obra”.

Suárez dimitiu por orgullo e dignidade.

Deixa un comentario

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies