Imáxes da Transición: Debate de investidura

Empezou o 18 de febrero de 1981 e rematou dous días despois. Foi o primeiro da Monarquía Parlamentaria porque Suárez se negara a facelo en abril do 1979, malia as protestas da oposición.

Socialistas e e comunistas viron no discurso do candidato unha proba da dereitización da UCD, e Coalición Popular de incompetencia para gobernar. Só Ernst Lluch, dos socialistas cataláns, que sería asasinado por ETA, aludiu á tensión nos cuarteis, ao relacionar as minorías antidemocráticas nalgúns corpos coa súa falta de formación técnica.

Política económica, lei de divorcio, proceso autonómico e ingreso de España na OTAN foron os temas de maior confrontación. Con cortesía parlamentaria en todas as intervencións, agás a de Fraga, en opinión de Calvo Sotelo, a quen non respondeu. A voz dun Fraga, perplexo, chegou a todo o hemiciclo: -¡Coño, no me responde!

Calvo Sotelo conseguiu 169 votos e faltáronlle 7 para acadar a maioría absoluta. Tivo os da UCD, 3 de CD, e 1 do Grupo Mixto; abstivéronse CD, Minoría Catalana e dous deputados do Grupo Mixto; votaron en contra a esquerda, nacionalistas vascos, andalucistas e parte do Grupo Mixto, que sumaron 158. A segunda votación faríase o día 23.

Deixa un comentario

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies