Imáxes da Transición: Calvo Sotelo presidente

Leopoldo Calvo Sotelo presidente
Leopoldo Calvo Sotelo presidente
Leopoldo Calvo Sotelo

Na sesión de investidura do 25 de febreiro, Leopoldo Calvo Sotelo obtivo a maioría absoluta que se lle negara dous días antes, Había que dar imaxe de unidade ante o golpismo e deuse, pero foi só un xesto porque a tregua foi breve. Máis relevancia tivo a decisión de presentar ao Rei un goberno sen militares, o primeiro desde 1939, con Alberto Oliart como ministro de Defensa.

Calvo Sotelo recoñecíase lacónico e pouco dado á retórica, polo que non conectou co electorado, nin coa prensa, que viron nel un home distante; pero era intelixente, metódico e teimudo á hora de crear e realizar un proxecto, e tiña proxectos porque se propuxo gobernar e enmendar erros anteriores.

Quixo poñer orde no proceso autonómico e creou unha Comisión de expertos, presidida por Eduardo García Enterría. Os nacionalistas vírona con receo e a prensa como unha cesión aos golpitas. O certo é que no discurso de investidura do día 18, cinco antes do 23f, Calvo Sotelo xa anunciaba cambios na política autonómica. Cando Pujol lle preguntou o porqué da Comisión, o presidente respondeulle: “Porque ni el Gobierno, ni los Partidos, ni el Parlamento saben por dónde salir de la confusión reinante”.

E naceu a LOAPA.

Deixa un comentario

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies