Imáxes da Transición: Armada, Sabino e o Rei

23f golpe de estado

Que Armada tramou o seu 23f sen coñecemento do Rei está fóra de toda dúbida; que fixo crer a todos os interlocutores que actuaba en nome do Rei, tamén. O plan pasaba por facer coincidir a entrada de Tejero no Concreso coa súa presenza na Zarzuela, pero topou con Sabino, que non a permitiu. Non é que desconfiase del, pero era unha cuestión de dignidade: o secretario da Casa Real era el e Armada non pintaba nada. Despois chamouno o xeneral Juste para preguntarlle se xa chegara Armada e Sabino, molesto, respondeulle: “Ni está, ni se le espera”. Entón Juste contoulle que na reunión na División Acorazada se díxera que Armada dirixía a operación en nome do Rei.

Cando o capitán Muñecas anunciara a próxima chegada ao Congreso dunha autoridade militar, por suposto, a Raíña comentou: “¡Es Armada!”. A información do xeneral Juste demostraba o acertado daquela intuición.

Armada mentira a todos e non dubidou en facelo ao Rei cando o chamou para preguntarlle: “Alfonso, en la Brunete están invocando tu nombre y el mío… ¿Tú lo has autorizado?”. O xeneral, con aparente candor, respondeulle: “Yo no, Majestad. Es la primera noticia que tengo.”

Deixa un comentario

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies