Imáxes da Transición: Miláns del Bosch apoia a Tejero

Coronel Tejero,General Miláns del Bosch,transición española,23 febrero

Minutos despois de entrar Tejero no Congreso, o capitán xeral da III Rexión Militar, Jaime Miláns del Bosch, sacou os tanques ás rúas de Valencia e publicou un bando no que asumía o poder civil ata recibir instrucións do Rei. Remataba con vivas ao Rei e a España. O bando leuno aos deputados un dos oficiais que ocuparon o Congreso.

Despois do encontro con Armada en Valencia, o 10 de xaneiro, Miláns acordou colaborar con el e así o dixo na xuntanza que tivo o 18, en Madrid, co grupo de Tejero. O golpe quedaba posposto ata o momento oportuno.

Porén, o asasinato de José María Ryan, director da central nuclear de Lemóniz, por ETA; o boicot de Herri Batasuna ao Rei na Casa de Xuntas de Guernica; e o debate parlamentario pola morte do etarra Arregui, despois da súa detención, co enfrontamento entre os ministros de Gobernación e Xustiza e os posteriores ceses de mandos policiais; todo en poucos días, fixo saltar a Tejero, que o 21 chamou a Miláns e díxolle: “Esto, mi general, se hace”.

Miláns tentou convencelo de que debían seguir a “solución Armada”, pero Tejero mentiulle e respondeulle que todo estaba preparado. Daquela o xeneral despediuse cun “Suerte, vista y al toro”, e apoiouno.

Deixa un comentario

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies