Imáxes da Transición: 23f General Armada

A maior tensión viviuse cando, ás 19,40, Suárez quixo falar con Tejero, un oficial berroulle: “¡Se siente, coño!” e levárono ao cuarto dos uxieres. Media hora despois, outros gardas civís levaron a Gutiérrez Mellado, Felipe González, Alfonso Guerra, Santiago Carrillo e Rodríguez Sahagún. Non parece que houbese máis motivo que o de “facer algo” mentres non chegaba a autoridade competente, “militar por supuesto”.

Quen chegou, ás 23,30, foi o xeneral Armada, que viña ofrecerse aos deputados como presidente dun Goberno de Coalición. Tejero quixo coñecer a composición e cando viu que en vez dunha Xunta Militar volvía “a roxería”, negoulle o paso ao hemiciclo.    

A composición do Goberno escoitouna a doutora Echave a través da porta e era a seguinte: Vicepresidente, Felipe González; Ministro de Xustiza, Gregorio Peces Barba; de Sanidade, Enrique Múgica; de Transportes, Javier Solana; de Facenda, Pío Cabanillas; de Obras Públicas, José Luis Álvarez; de Educación, Miguel Herrero de Miñón; de Industria, Agustín Rodríguez Sahagún; de Cultura, Antonio Garrigues; de Asuntos Exteriores, José María de Areilza; de Defensa. Manuel Fraga; de Traballo, Solé Tura; e de Economía, Ramón Tamames.

 

Deixa un comentario

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies