Imáxes da Transición: 23f Carmen Echave

Ao disparar contra o teito os gardas que rodeaban a Gutiérrez Mellado, os deputados botáronse ao chan e só Suárez e Carrillo ficaron nos asentos; ergueito o presidente, inclinado Carrillo, como dando a entender que na súa actitude había dignidade, pero non arrogancia. Algúns deputados erguéronse de contado; outros, os máis, seguiron no chan varios minutos.

Un garda desafiou a un reporteiro gráfico: “¡No enciendas la cámara, que te mato!”. Fraga dirixiuse a Bandrés e díxolle: “Yo no permitiré que le suceda a usted nada”. A tensión era moita e Gabriel Cisneros, convalecente das feridas recibidas no recente enfrontamento cos pistoleiros de ETA, que tentaran secuestralo, tivo que ser evacuado ao hospital. Varios deputados e invitados sufriron amagos de infarto e lipotimias, e outros resultaron feridos polos cristais que caeron por mor dos disparos. A doutora Carmen Echave, militante da UCD, que formaba parte do equipo do vicepresidente do Congreso, Modesto Fraile, puido moverse libremente pola Cámara e, ademais de curar feridas e esixir evacuacións, viu encontros e oiu conversas de Tejero, que resultaron claves para entender que pasou aquel día no Congreso.

Deixa un comentario

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies