Imáxes da Transición: 23 f

Ás 18,23, cando se votaba a investidura de Calvo Sotelo, entrou no hemiciclo, pistola en man, o teniente coronel Tejero, que berrou “¡Quieto todo el mundo!”, mentras ía cara á tribuna. Parecía estar so porque o capitán que o seguía se detivo a rifar a un bedel por fumar no corredor de acceso á Cámara; pero logo entraron varios oficiais e numerosos gardas civís, berrando “¡Al suelo todo el mundo!”. Gutiérrez Mellado deixara o escano para enfrontarse a Tejero, e varios gardas quixeron detelo. Tejero fixo un disparo ao teito, ao que seguiron os de varios subfusís. Gutiérrez Mellado ficou en pé, entre os gardas que disparaban e non puideran reducilo, polo que Tejero baixou da tribuna e dúas veces tentou tiralo ao chan, sen conseguilo. Suárez rescatouno e levouno ao escano.

O capitán Muñecas Aguilar anunciou a próxima chegada da autoridade competente, “militar por supuesto”, que diría o que cumpría facer; pero “por supuesto que no pasará nada”.

Poucos saberían que aquel oficial que os tranquilizaba saíra do País Vasco polas torturas que nos cuarteis de Zarauz e Tolosa sufriran numerosos detidos. As fotos da sindicalista Amparo Arangoa foran definitivas para o seu traslado.

Deixa un comentario

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies