Ramón Piñeiro e Koldo Michelena

Ramón Piñeiro
Ramón Piñeiro

Quérovos falar dunha amizade, dunha extraordinaria amizade entre dúas persoas extraordinarias; dous homes con grande vocación cultural que, por un imperativo ético se comprometeron políticamente na oposición ao franquismo cando máis perigoso era facelo: o galego Ramón Piñeiro e o vasco Koldo Michelena.

Piñeiro pertencera de rapaz ás mocidades do Partido Galeguista e o 25 de xullo de 1934, con 18 anos, participara no chamado Mitin das Arengas, na praza da Quintana en Compostela, con Castelao, Alexandre Bóveda, Otero Pedrayo, Suárez Picallo e outros dirixentes. Volvería facelo en 1935.

Polos amigos asasinados, exiliados e represaliados, Piñeiro comprometeuse consigo mesmo a dar continuidade ao seu labor; e, ao rematar a guerra civil, mentres estudaba Filosofía e Letras en Santiago, tentou reconstruír o Partido Galeguista. Ía en coche de liña dunha cidade a outra, sen cartos, alimentándose só das castañas pilongas que levaba nos petos; ata que enfermou dunha úlcera de estómago. Piñeiro era o apóstolo do galeguismo e así o viron os compañeiros, que, en 1945, reconstruían o partido e o nomeaban secretario político.

Desde entón o Partido Galeguista, representado por Piñeiro, participou nas reunión con outros partidos españois e cos nacionalistas vascos e cataláns para que despois da victoria aliada na Guerra Mundial e da caída do réxime franquista, Galicia non poidese ser marxinada.

Leer más

Dous retratos ou “visións” de Ramón Piñeiro

Ramón Piñeiro

O centenario do nacemento de Ramón Piñeiro foi recordado hoxe nun acto celebrado ante a casa da rúa Xelmírez, en Compostela, onde viviu os últimos coarenta anos. Un acto de homenaxe, organizado polo Concello de Santiago e a Secretaría Xeral de Política Lingüística, e que contou coa presenza de representantes do mundo da cultura -Consello … Leer más

Xosé Manteiga in memoriam

Había tempo que non nos viamos. A última vez foi en Santiago, no ano 2005, cando lle pedín que lese o meu ensaio sobre O humor de Cervantes no Quixote. Interesábame moito a súa opinión de filósofo, e reconfortoume o seu visto bo. Foi daquela cando lle fixen este retrato. Véndoo ninguén diría que é … Leer más

Ensaio

Empecei a publicar ensaio na revista Grial, nos primeiros anos setenta, estudiando as influencias europeas na obra gráfica de Castelao, e as claves humorísticas na súa producción literaria e de humorista gráfico.  A arte e o humor foron, desde entón, as creación ás que adiquei a miña pescuda. Pensaba que, por ser as miñas actividades profesionais, podería ofrecer unha visión persoal, baseada na experiencia. Non é casualidade que titulase un traballo sobre o caricaturista Xosé María Cao, destinado a unha publicación arxentina, José María Cao a la altura del panel, porque desde aí o vexo eu.

Leer más

Sobre Siro debuxante e pintor

Aos tres anos, ao ir á cama, sabía que en canto espertase, a miña nai me levaría á cama unha cunca de malte con pan e despois lapis de cores e papeis para que os enchese de borróns e garabatos, mentres ela facía os labores da casa. Desde entón non deixei de debuxar. Aos dez, once, doce anos, debuxaba mulleres belidas, encoiras, para os meus amigos; aos catorce facía retratos das miñas amigas; aos dezaoito decateime de que podía facer caricatura; aos vinte coñecín as Cousas da vida, de Castelao, e tracexei os primeiros debuxos de humor; aos vintecinco descubrín a Pascin, que me mostrou un camiño novo e suxerente. Deica entón sentírame atraído pola liña, pero, con Pascin como mestre, atrevinme a crebar e duplicar ou triplicar os riscos, descubrín a beleza do imperfecto, debuxei con pincel, experimentei con papeis e cartóns de distinta textura, combinei liñas e manchas… 

Leer más