Imáxes da Transición: Calvo Sotelo candidato a presidente

Despois de facerse pública a dimisión do presidente, o Rei iniciaría consultas cos representantes dos grupos parlamentarios e, unha vez oídos, proporía un candidato que debería obter a confianza da Cámara para formar goberno.

O 27 de xaneiro Suárez reuniu na Moncloa aos baróns da UCD para nomear un candidato á Presidencia do Goberno. El absteríase para non influír na votación e non perxudicar ao sucesor. Ás dúas da mañá era elixido Leopoldo Calvo Sotelo. Os críticos esixiron que fose ratificado polo Comité Executivo e dous días despois, tivo lugar a reunión que demostrou a quebra total do partido. Cando ás catro e media da mañá Suárez anunciou que se procedería á votación, os críticos abandoaron a reunión e Landelino Lavilla votou en branco.

Leer más

Imáxes dá Transición: Razóns da dimisión de Suárez

transicion_adolfo_suarez
transicion_adolfo_suarez
Adolfo Suárez

Leopoldo Calvo Sotelo, elixido por Suárez para substituílo, opinou nunha frase breve e clara: “El hombre que ha hecho la transición política no dimite por una sola razón; dimite desde un estado de ánimo”. O estado de ánimo do presidente tiña que estar baixo mínimos, ante a gran confabulación para sustituílo, na que estaban o PSOE, homes valiosos da UCD, dirixentes da CEOE, financieiros, xornalistas e quizais o propio Rei, que, por fin, conseguira a volta de Armada a Madrid, a través do ministro de Defensa, Agustín Rodríguez Sahagún.

Leer más