Imáxes da Transición: Fin da Transición

Transición

As eleccións de 1982, que permitiron gobernar con maioría absoluta ao PSOE, sinalan, en opinión de historiadores e comentaristas políticos, a fin da Transición. Tres meses antes Adolfo Suárez creara un novo partido, o Centro Democrático e Social (CDS), que só conseguiu dous escanos; pero nas de xuño de 1986, obtería case dous millóns de … Leer más

Imáxes da Transición: Armada leal ao Rei

23f generales golpe estado

O xeneral Armada esperaba que, despois de conseguir que Tejero asinase o “pacto do capó”, cos termos da rendición, enviasen un ramo de flores á súa muller  e non que o detivesen como xefe dos golpistas. O xeneral Armada ignoraba que Francisco Laína, secretario de Interior e presidente do Goberno provisional durante o secuestro do Congreso, dera orde de “pinchar” determinados teléfonos que permitiron coñecer as conversas entre os protagonistas daquela noite.

Leer más

Imáxes da Transición: Un punto escuro

23f General Armada

Días antes do 23 f o xeneral Armada insistiu na necesidade de ser recibido polo Rei. Sabino opúñase co argumento de que a axenda estaba ocupada, pero don Juan Carlos propuxo un cambio e recibiu ao xeneral o día 13. Ninguén sabe que falaron, pero cando Armada foi xuzgado como golpista  solicitou á Casa Real que, para defender a súa honra, se lle permitise comentar aquela conversa.

Leer más

Imáxes da Transición: Armada, Sabino e o Rei

23f golpe de estado

Que Armada tramou o seu 23f sen coñecemento do Rei está fóra de toda dúbida; que fixo crer a todos os interlocutores que actuaba en nome do Rei, tamén. O plan pasaba por facer coincidir a entrada de Tejero no Concreso coa súa presenza na Zarzuela, pero topou con Sabino, que non a permitiu. Non é que desconfiase del, pero era unha cuestión de dignidade: o secretario da Casa Real era el e Armada non pintaba nada.

Leer más

Imáxes da Transición: Suárez desmonta a Operación Armada

A dimisión de Suárez botou por terra a Operación Armada.  Un novo Goberno sen Adolfo Suárez e Gutiérrez Mellado, aborrecidos nos cuarteis, e presidido por Leopoldo Calvo Sotelo, ben visto pola CEOE, facía imposible a compoñenda.

O 10 de febrero, despois de oír aos líderes políticos, o Rei fixo saber ao Presidente do Congreso que o candidato á presidencia do Goberno era Leopoldo Calvo Sotelo, e o 12 a Mesa do Congreso acordou que o debate de investidura empezaría o 18. Da frustración dos dirixentes socialistas e críticos da UCD comprometidos na trama, dan idea a declaración á prensa de Alfonso Guerra, o mesmo día 12, advertindo de que o PSOE non descartaba unha moción de censura ao novo Presidente; e as do democristián Álvarez de Miranda á revista Interviú do 15 de febrero, afirmando que a UCD debería gobernar co PSOE.

Leer más

Imáxes da Transición: O xeneral Armada e o ruído de sables

Juan Carlos I y el general Armada
Juan Carlos I y el general Armada

En febrero Tarradellas estivo con Armada en Lérida e comentoulle a un dirixente nacionalista catalán: “¡Este hombre está lanzado! Me preocupa”.

Eufórico atopárano tamén, un mes antes, os xenerais Sáenz de Tejada e Pardo de Santayana, cando os invitou á súa casa de Madrid para darlles dúas noticias: tiña que adiantar a volta a Lérida porque o Rei quería velo en Baqueira, e o xeneral Gabeiras ía propoñelo para segundo xefe do Estado Maior.

Leer más