Presentación do XII Premio Couso de Liberdade de Prensa

Jose Couso por Siro
Jose Couso por Siro
José Couso por Siro

Discurso de Siro López, Presidente del Club de Prensa de Ferrol na presentación o mércores 24 de febreiro da XII Edición del Premio José Couso a Liberdade de Prensa.

Bo día. Presentamos hoxe a duodécima edición do Premio Couso de Liberdade de Prensa nunha circunstancia nova. O 9 de xuño de 2015 o xuiz Santiago Pedraz, que tentou levar ante a Xustiza aos militares estadounidenses que asasinaron a José Couso en Bagdad, o 6 de abril de 2003, recoñeceu a imposibilidade de manter aberta a investigación despois da reforma da xustiza universal, feita polo PP en marzo de 2014; unha reforma que restrinxe drásticamente a capacidade dos nosos xuíces de perseguir delitos cometidos fóra do territorio español.

Leer más

José Couso na nosa memoria, sempre

Jose Couso por Siro
José Couso
José Couso

Hai cincoenta anos o meu profesor de francés, un home chamado Arsenio Espilla; un republicán que, por selo, pasara varios anos no cárcere de A Coruña, púxome nas mans un poema de Paul Elouard que eu non coñecía. Cando empecei a lelo en voz alta nin sequera entendía o significado de todas as palabras…

Sur mes cahiers d´ecolier

Sur mon pupitre et les arbres

Sur le sable, sur la neige

J´ecris ton nom

 Endebén, segundo avantaba na lectura, eu, que non tiña fe relixiosa, sentía que aqueles versos soaban nos meus beizos como unha oración…

Leer más