Imáxes da Transición: O comandante Cortina

Comandante Cortina 23 f

Unha das conversas telefónicas gravadas por orde de Laína é a do xeneral Armada co rei para informalo do que está a pasar no Congreso secuestrado por Tejero, e cal debe ser o desenlace despois que el vaia ofrecerse aos deputados como presidente dun «Gobierno de salvación». Ante o abraio do rei, Armada argumenta: «Pero esto es de lo que hemos venido hablando, señor; esta es la ocasión de poner en práctica lo que hemos hablado». O rei, alporizado, respóndelle: «¡Cómo me puedes decir eso, Alfonso! ¡Esto no es… así no, así no!». E pasoulle o teléfono a Sabino.

Leer más

Imáxes da Transición: Armada leal ao Rei

23f generales golpe estado

O xeneral Armada esperaba que, despois de conseguir que Tejero asinase o “pacto do capó”, cos termos da rendición, enviasen un ramo de flores á súa muller  e non que o detivesen como xefe dos golpistas. O xeneral Armada ignoraba que Francisco Laína, secretario de Interior e presidente do Goberno provisional durante o secuestro do Congreso, dera orde de “pinchar” determinados teléfonos que permitiron coñecer as conversas entre os protagonistas daquela noite.

Leer más

Imáxes da Transición: Un punto escuro

23f General Armada

Días antes do 23 f o xeneral Armada insistiu na necesidade de ser recibido polo Rei. Sabino opúñase co argumento de que a axenda estaba ocupada, pero don Juan Carlos propuxo un cambio e recibiu ao xeneral o día 13. Ninguén sabe que falaron, pero cando Armada foi xuzgado como golpista  solicitou á Casa Real que, para defender a súa honra, se lle permitise comentar aquela conversa.

Leer más

Imáxes da Transición: Armada, Sabino e o Rei

23f golpe de estado

Que Armada tramou o seu 23f sen coñecemento do Rei está fóra de toda dúbida; que fixo crer a todos os interlocutores que actuaba en nome do Rei, tamén. O plan pasaba por facer coincidir a entrada de Tejero no Concreso coa súa presenza na Zarzuela, pero topou con Sabino, que non a permitiu. Non é que desconfiase del, pero era unha cuestión de dignidade: o secretario da Casa Real era el e Armada non pintaba nada.

Leer más

Imáxes da Transición: 23f General Armada

A maior tensión viviuse cando, ás 19,40, Suárez quixo falar con Tejero, un oficial berroulle: “¡Se siente, coño!” e levárono ao cuarto dos uxieres. Media hora despois, outros gardas civís levaron a Gutiérrez Mellado, Felipe González, Alfonso Guerra, Santiago Carrillo e Rodríguez Sahagún. Non parece que houbese máis motivo que o de “facer algo” mentres non chegaba a autoridade competente, “militar por supuesto”.

Leer más